Luís Pérez González
Aparencia
Busto na casa do concello de Riotorto. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1825 A Augaxosa, España |
Morte | 1905 (79/80 anos) Riotorto, España |
Alcalde de Riotorto | |
1868 – 1875 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Luís Pérez González, nado na Augaxosa (A Muxueira, Riotorto) en 1825 e finado no mesmo concello en 1905, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alcalde de Riotorto entre os anos 1868 e 1875. Promoveu a construción da actual casa consistorial, onde se situaron as escolas públicas, o xulgado e o cárcere.
Distincións
[editar | editar a fonte]Recibiu a Cruz do Mérito Militar de primeira clase polos servizos prestados como xefe da columna de voluntarios que perseguiu os carlistas.
A sociedade Hijos del Ayuntamiento de Riotorto promoveu a elaboración dun busto de bronce que na súa honra, que preside a casa do concello. Hai unha placa coa inscrición:
DON LUIS PEREZ GONZALEZ 1825-1905 CONSAGRO SU ESFUERZO E INTELIGENCIA AL BIENESTAR DE SU PUEBLO. TESTIMONIO ESPONTANEO DE GRATITUD DE SUS HERMANOS EMIGRADOS LOS HIJOS DE RIOTORTO. EN BUENOS AIRES 14 DE NOVIEMBRE DE 1928.
Predecesor: ? |
Alcalde de Riotorto 1868 - 1875 |
Sucesor: ? |